viernes, 24 de abril de 2015

ENTROIDO!

O pasado 12 de febreiro celebramos na nosa escola o Entroido. Nesta ocasión, e seguindo coa temática deste ano, todos os cursos e os/as mestres/as nos disfrazamos das diferentes etnias e pobos do mundo que estamos a traballar. 
Pasamos momentos moi divertidos e agradables vendo as actuacións que cada curso tiña preparadas para o noso deleite. 
Puidemos gozar coa actuación dos nenos e nenas de Educación Infantil que nos transportaron ao mundo da India e "Bollywood".  Os/as de primeiro fixeron un paseo disfrazados de esquimós, para logo deleitarnos cun divertido desfile de moda. Tamén gozamos moito coa actuación do segundo curso que interpretaron o baile "Rasputín", vestidos coa indumentaria rusa. Se Rusia nos quedaba lonxe, os nenos e nenas de terceiro e cuarto leváronnos á outra punta da Terra, ata Perú e México respectivamente!. 
Como non podíamos esquecernos do continente africano, os nosos /as rapaces de quinto convidáronnos a bailar ao ritmo da etnia masai cunha interesante interpretación do musical do Rei León. O peche das actuacións dos nenos/as puxérona os compañeiros/as de 6º cunha canción moi alegre dos "Beach Boys", que nos levou ata Hawai mentres bailabamos alegremente. 
Como sorpresa final, que xa se está a converter nunha tradición, o profesorado da nosa escola interpretou un clásico: "La bomba" de King África. A algún/ha era difícil recoñecelo/a entre tanta pintura negra, por non falar desas pelucas tan grandes... Ao que sí puidemos recoñecer foi ao pequeno Nicolás, que xa sabemos que non lle gusta perderse ningún evento importante. 
Rematamos a celebración degustando deliciosas sobremesas típicas destas datas: orellas, rosquillas, filloas.... Mmmmmmm.....faiseme a boca auga só de lembralo!

viernes, 16 de enero de 2015

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Ola queridos amigos e amigas!
Voltamos das vacacións de Nadal con moitas ganas de seguir aprendendo e gozando xuntos de novas experiencias! Por iso, o vindeiro día 30 de xaneiro, despois do recreo, levaremos a cabo unha actividade no patio cuberto para celebrar o Día Internacional da Paz. Primeiro recitaremos os versos da canción escollida, e  logo colocaremos unha grulla de papel feita de forma colaborativa entre todos os compañeiros e compañeiras da aula. Para finalizar a actividade, todos xuntos cantaremos a canción "Que viva a paz e o amor". Estade pendentes porque colgaremos fotos desta celebración!!!
Se queredes ir practicando nas vosas casas, aquí vos deixamos a letra da canción:

QUE VIVAN A PAZ E O AMOR!
Cantemos collidos da man este son:
Que vivan a paz e o amor!
Unamos os pobos sen odio e rancor:
Que vivan a paz e o amor!
Que todos os nenos levanten as mans.
Que todos os nenos levanten a voz.
Máis guerras non!
Máis odios non!
Que vivan a paz e o amor!
Amigo de lonxe, que importa o lugar?
Que vivan a paz e o amor!
Xuntémonos todos. Cantemos en paz:
Que vivan a paz e o amor!
Que todos os nenos levanten as mans.
Que todos os nenos levanten a voz:
Máis guerras non!
Máis odios non!

Que vivan a paz e o amor!





viernes, 17 de octubre de 2014

ATENCIÓN, ANTENCIÓN!!!

A semana do 27 ao 30 de outubro celebraremos o Samaín. Entre as actividades organizadas poderemos gozar da xa clásica EXPOSICIÓN DE CABAZAS, que este ano adicarase ao tema das etnias e pobos do mundo. Esta exposición estará aberta ao público o luns 27 de outubro de 16:00 a 18:00, no segundo andar (seguide as frechas!!!).



Outra das actividades desa semana levarase a cabo na biblioteca, coa EXPOSICIÓN DE LIBROS relacionados co Samaín. A decoración da mesma correrá a cargo dos nenos e nenas de primeiro.  Poderedes visitala nas horas do recreo ou de 15:30 a 17:00 (de martes a venres).

                                           

                                           

Xa celebramos o Samaín, e a verdade é que o pasamos moi ben!!! Houbo cabazas moi divertidas, e outras que daban un pouco de medo... pero todas eran moi orixinais!!!! Para que vexades algunhas delas, aquí vos deixamos as fotos das cabazas gañadoras... Podedes ver máis na galería de fotos da páxina do cole!




viernes, 26 de septiembre de 2014

Benvidos/as!

Benvidos e benvidas ao novo curso escolar!
Este ano, como algúns xa sabedes, traballaremos a temática das etnias e pobos do mundo, así que preparede ben as vosas equipaxes, porque viaxaremos a lugares moi afastados.
Os nenos/as de educación infantil embarcaranse nunha aventura pola India. Tamén polo continente asiático viaxarán os nenos e nenas de 2º de primaria, que traballarán a cultura rusa. Un pouquiño máis de frío pasarán os nenos e nenas de 1º, que teñen moitas ganas de aprender cousas sobre os esquimós. Todo o contrario dos alumnos e alumnas de 6º, que viaxarán a latitudes moito máis cálidas e paradisíacas para gozar co pobo hawaiano. Tamén os de 4º buscan un pouquiño de calor e viaxan ata México. Inda que para exóticos e trivais temos aos compañeiros/as de 3º e 5º, que se aventuran a descubrir o continente africano coas tribus dos beduinos e os masais respectivamente.
 Algúns dos nosos compañeiros/as xa emprenderon tan fascinante viaxe e comezaron a decorar os seus corredoiros.



Estade pendentes porque seguiremos subindo máis imaxes das vosas aulas e corredoiros decorados. Empregade toda a vosa imaxinación e habilidade para que queden ben bonitos!!!